
A localización do Hotel Nogallás, a tan só uns metros do paseo marítimo e do estadio de Riazor, é perfecta para descubrir todo o que A Coruña ten que ofrecer. Desde o propio hotel poderás ir camiñando á Praia de Riazor ou visitar o Aquarium Finisterrae, gozando da brisa do Atlántico e dunhas vistas privilexiadas do mar. Moi preto do noso hotel atoparás todo o que necesitas para unha estancia cómoda: hai bares, restaurantes, supermercados, farmacias e transporte público. Ademais, A Coruña conta cunha animada vida cultural e gastronómica, con mercados como o de San Agustín ou a praza de Lugo, ideais para probar produtos locais.
Se es dos apaixonados ao deporte ou prefires un paseo tranquilo, o entorno do Paseo Marítimo, o máis longo de Europa, será a túa mellor opción. Este conta con todo o necesario para desconectar sen saír da cidade. Se ademais o teu é seguir explorando, en menos dunha hora podes visitar puntos clave das Rías Altas, como Betanzos ou Pontedeume. Na recepción estaremos encantados de recomendarte rutas, praias e restaurantes para que disfrutes de A Coruña como o faría un local.
Onde estamos?
As habitacións do Hotel Nogallás atópanse modernamente equipadas e dispoñen de todos os servizos para ofrecer aos nosos clientes unha agradable estancia nesta fantástica cidade. As nosas habitacións contan con cerraduras electrónicas de aproximación, colchóns viscoelásticos, baño con prato de ducha e equipado con secador, TV e conexión a internet alta velocidade wifi gratuíto. A mellor opción sen dúbida para vir visitar A Coruña e gozar dunha agradable estancia para descansar.
















































